E se a Terra fose un gran organismo complexo, cheo
doutros máis pequenos que o manteñen vigoroso? Creando novas células e
renovándoas para prolongarse no tempo ata acadar o seu límite vital e
converterse en po interestelar.
Naceu xa fai milenios para ir madurando pouco a pouco,
aprendendo de si mesma para mellorar e evolucionando os seus propios órganos
para gañar novas capacidades que lle permitan ser distinta e máis completa.
Integrouse a si acomodando cada unha das súas partes, logrando un todo máis rico
onde a diversidade é o único denominador común e a excelencia é o verdadeiro
obxectivo, a súa razón de ser.
E se o ser humano fose un virus? Atacando o organismo hóspede,
esquilmándoo ata desgarrar os seus órganos. Debería ser erradicado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario