sábado, 11 de junio de 2016

Eu e non Outro.

Pecho os meus ollos para ver o mundo nítido, a única realidade da que eu vos podo falar e que hoxe cinxe todo entre as estreitas marxes desta media folla. Paredes que non son máis que pretendidos obstáculos queren pechar o meu camiño nunha única dirección onde todo conflúe, pero eu derríboas coa forza dos meus devanceiros que aínda habitan no meu peito. Nada me para.

            Eu decido que é o que me convén aínda cando Outro non estea de acordo, pois só eu coñezo cada debilidade que nunca me debilita. Ridículo, verdade? Coma o teu estúpido sistema de prexuízos.


            Só Deus pode xulgarme, e matouno Nietzsche fai un par de séculos. 

1 comentario:

  1. Non tiña pensado comentar... pero non me deixas outra opción. Encántame (como a maioría do que escribes)... pero a última frase merece unha mención especial, creo que dende agora é a miña frase favorita.
    Gracias por compartir cousas coma esta.

    ResponderEliminar