viernes, 12 de mayo de 2017

Presión. Prisión. Pasión.

O esforzo traerá a recompensa, espero. Polo momento non me queda máis que traballar e resgardarme de cando en vez dunha nova folla, pechar os ollos e soñar.

Os soños son o refuxio no que me amparo, cálidos nos días de frío e frescos cando se acerca o verán. Soños, quen non os tivo? Máis só os que conservamos ceibe ao noso neno podemos voar grazas a eles. Soños, grandes e pequenos, vida en distintas doses. Soños de infancia e liberdade, de xogo, de aula, de paz.