martes, 27 de septiembre de 2016

Virus H.

            E se a Terra fose un gran organismo complexo, cheo doutros máis pequenos que o manteñen vigoroso? Creando novas células e renovándoas para prolongarse no tempo ata acadar o seu límite vital e converterse en po interestelar.
            Naceu xa fai milenios para ir madurando pouco a pouco, aprendendo de si mesma para mellorar e evolucionando os seus propios órganos para gañar novas capacidades que lle permitan ser distinta e máis completa. Integrouse a si acomodando cada unha das súas partes, logrando un todo máis rico onde a diversidade é o único denominador común e a excelencia é o verdadeiro obxectivo, a súa razón de ser.
            E se o ser humano fose un virus? Atacando o organismo hóspede, esquilmándoo ata desgarrar os seus órganos. Debería ser erradicado.