Pecho os meus ollos para ver
o mundo nítido, a única realidade da que eu vos podo falar e que hoxe cinxe
todo entre as estreitas marxes desta media folla. Paredes que non son máis que
pretendidos obstáculos queren pechar o meu camiño nunha única dirección onde todo
conflúe, pero eu derríboas coa forza dos meus devanceiros que aínda habitan no
meu peito. Nada me para.
Eu
decido que é o que me convén aínda cando Outro non estea de acordo, pois só eu
coñezo cada debilidade que nunca me debilita. Ridículo, verdade? Coma o teu
estúpido sistema de prexuízos.
Só
Deus pode xulgarme, e matouno Nietzsche fai un par de séculos.