jueves, 25 de febrero de 2016

Acotío.

Como escribir acotío
se cando un verso morre, choro.
Se a lingua é ousada
pero o cemiterio está cheo de valentes. Choro.

Como escribir acotío,
ser afiador de palabras sen fío
que desgarran
as febras dun corazón ferido.

Como escribir acortío
cando xa ninguén sinte.
Xa non hai ríos de bágoas,
xa non queda sal no mar.

Que doado é escribir, mais só cando a fala é muda.