lunes, 26 de octubre de 2015

Asasinato.

Os latexos do meu reloxo mantíñanme con vida, pero quedáballe pouca corda e a min escasas forzas. Sentíao, falábame desde o peto, alto e claro, suplicándome que reunise o valor suficiente para premelo gatillo e rematar con aquel sufrimento. Disparei.

Recordo sentir o frío aceiro do canón no meu padal, tan xélido que queimaba, ata que ardeu e os meus miolos se propagaron manchando toda a habitación. O meu sangue tinguiu de vermello o meu corpo limitado e de prata o meu espírito infindo, ensinando a miña vergoña ao mundo futuro.

Non quixen bágoas nin flores inmerecidas, fun un fillo de puta con sorte toda a vida e, aínda así, o meu ego rematou con ela. Non quero choros, nin rezos, só que se me recorde na miña eternidade, que non é pouco. Non penso desculparme, a estas alturas xa non lle debo nada a ninguén máis que a min mesmo, e estouno pagando agora mesmo.

Fermoso, verdade? A destrución é a única forma de orde que coñezo e o caos estábase apoderando de min. Era preciso poñerlle FIN. 

sábado, 24 de octubre de 2015

Sin-sentido.

   Ayer perdí el sentido al cruzarme contigo. ¿Me ayudas a buscarlo? Ahora estoy desorientado, confuso, y la saeta de mi brújula sólo te señala a ti. Fueron un verdadero cúmulo de extrañas coincidencias las que nos llevaron a compartir el camino y el momento, ¿no crees? Pero yo estoy seguro de que no fue simple casualidad y pienso que tú, después de todo, opinas lo mismo.
   Hoy, te busco pero no te encuentro, así que me recreo en mi breve recuerdo. Tú me buscas, yo así lo siento, pero no nos vemos.

    Es curioso: Yo te echo de menos, tú me echas de menos y no nos conocemos. 

viernes, 16 de octubre de 2015

Mendigo.

Caminaba por las calles manchando sus botas de barro.

La mugre está ahí, lo sé, no se ve pero entra por el resto de mis sentidos. Es nauseabundo. La sociedad ensucia mi cuerpo y mancilla mi alma pura. Dorian no se merece esto, estoy demasiado por encima. Es estúpido creer que éste es mi sitio, estúpido y ofensivo a partes iguales.

-Amable señor, ¿podría darme una moneda? Por caridad.
-Ni te me acerques, escoria.

¡Quién se habrá creído ese jodido mendigo! ¡Cómo si no tuviera nada más que hacer que contagiarme con la podredumbre de sus gusanos! Si hasta su propia ropa, raída y cochambrosa, trata de huir de él.
Míralo ahí, pidiendo, pretende dar pena cuando no da más que asco, con su mirada clavada en mí sin saber que podría destruirlo con poco más que un dedo… Pero no merece la pena, prefiero ni rozar su aire.


Se alejó del espejo de su pasillo y fue a servirse otro bourbon. 

sábado, 10 de octubre de 2015

O monstro.

Podería dicirse que tiven bastante sorte coa vida que me tocou. Non sei o que é realmente pasar fame, non me vin obrigado a traballar duro desde neno para saír adiante e nin tan sequera os estudos eran algo difícil de superar para min. Tiven unha infancia feliz, coa miña familia que tanto me quere ao meu lado e con toda a liberdade e as oportunidades que un pobo como Triacastela che ofrece.

Todo ía ben, sen maiores complicacións que preocuparme por seguir adiante coa miña vida, sen grandes presións por ningures e, en xeral, con tódalas facilidades posíbeis. Pero as cousas pódense torcer, e vaia se o fixeron...

Non recordo exactamente cal foi o momento pero arredor dos 17 anos empezou unha época escura na miña vida. Non é que me choveran grandes desgrazas, non aconteceu nada extraordinario, nada que outras persoas non teñan vivido e superado sen demasiados problemas, pero no meu caso foi moi distinto. Eu non sabía nese momento como enfrontar o que estaba a pasarme, pensaba demasiado e cargábame de culpas que non me correspondían e responsabilidades para as que non estaba nin medianamente preparado.
Así foi como, pouco a pouco, chegou o monstro. Empecei a durmir moito máis do normal, a non querer saír da cama, a encerrarme na miña habitación e mesmo a descoidar a miña hixiene. Algún engrenaxe da miña cabeza empezaba a quebrarse e eu non entendía por que.

Pasei así moito tempo, cada vez indo a peor. Fun para Santiago estudar, pero as cousas saíron mal e antes incluso de rematar primeiro estaba de volta na casa. Foi, a pesar diso, unha decisión acertada, naquel momento estábame destruíndo demasiado e necesitaba un lugar seguro para min e tempo para medrar. Fracasei en varios proxectos durante un tempo, a vida estaba a escorrérseme das mans e eu non tiña ningún mecanismo para evitalo.

Aínda así recoñezo que non foi un período totalmente negativo, aproveiteino para ler bastante e aprender un pouco máis acerca da miña idea da vida e mesmo de ideas políticas, pero atopábame totalmente perdido.

Fun pechándome cada vez máis no meu mundo de escuridade do que non sabía saír. Os meus pais preguntábanse que podían facer por min para que estivese ben, pero a verdade é que a situación era complicada, tal vez porque ninguén queríamos ver a realidade. Eu TIÑA DEPRESIÓN.

Arredor dos 20-21 anos, despois duns tres nos que a miña vida cada día que pasaba viraba máis cara o fondo, reunín as miñas últimas forzas para dicirlles a meus pais que o que me pasaba era que tiña unha depresión e que necesitaba axuda profesional.

Recordo que foi un momento durísimo, recoñecer que eu non era capaz de saír de aquelo, ademais existen aínda agora moitos prexuízos contra a psicoloxía e a psiquiatría e eu non quería encarar o cruel que pode ser a sociedade.

Ó principio dábame moita vergoña dicir que estaba tratándome contra unha depresión, que o Escitalopram e o Lederfolin se converteran nos meus mellores amigos que me acompañarían durante moito tempo. Pouco a pouco a cousa foi mellorando, é certo, fun aceptando a realidade e mesmo mellorando o meu estado anímico, o que me permitía por fin saír das “críticas” da xente sen danos.  

Hoxe fai aproximadamente sete meses que deixei de tomar a medicación e podería dicir que me atopo totalmente recuperado. Foi un momento duro, unha medicación psiquiátrica tan prolongada no tempo crea adición, e mesmo tiven algunha pequena crise, sentía que necesitaba esa medicación. Sufrín cambios bruscos de humor durante un tempo, sentía como impulsos eléctricos por todo o corpo e os meus niveis de enerxía baixaron. Só a miña determinación por saír diso se mantivo firme.


Agora estou ben, mellor que nunca, pero xa vedes que non foi algo sinxelo. 

miércoles, 7 de octubre de 2015

Extrañándote.

Bebo a morro de la botella creyendo que en el fondo estás tú. Trago con ansia, sin siquiera saborear el amargo, un vaso tras otro mientras veo como baja el nivel.
Me acerco a ti, lo noto, mis sentidos empiezan a nublarse como cuando estás a mi lado.
Lo tengo claro y no ceso en mi empeño, éste es el camino que me llevará hasta ti, ni me planteo dejarlo.
Lo sé, sé que parece que estoy equivocado, pero continúo con voluntad de acero. Ésta es mi verdad, que nadie se atreva a cuestionarla.

Apuro el último trago, totalmente centrado en recordarte. Desaparezco entre la niebla.