jueves, 17 de septiembre de 2015

V.


Quixen dar un pasiño máis,
por pequeno que fose,
sentindoo coma o derradeiro.
As forzas esvaecéranse
deixando tras de sí catro pedras
ás que non nomearei nin ruínas.

Eu, tan só podía mirar o chan
no que estaba axeonllado
sepultándome coa lama.
A terra seca mesturárase comigo,
a sangue e as bágoas
decidiran que así era mellor.


Senteime a esperar ao meu destino
e entre arrepío e arrepío
foi cando puiden erguer a vista.
Varias mans esperaban ás miñas,
facéndome entender
que non deixarían que me rendese.